Moitos deportistas de Pontevedra levan seis meses sen poder adestrar, segundo o Partido Popular, ante a ausencia dun protocolo para a reapertura das instalacións deportivas municipais. Por iso é polo que os populares urxan ao Concello poñer fin á "incertidumbre" dos clubs e fixar unha "hoja de ruta" para que poidan planificar a súa pretemporada.
"Seguimos primando la salud sobre cualquier otro aspecto, pero entendemos razonable y lógico que el Concello tenga un plan de reapertura y de vuelta a los entrenamientos de forma segura", sinalou o edil Guille Juncal, que considera que este plan "ya va muy tarde".
O goberno municipal, segundo Juncal, tivo "tiempo suficiente" para tomar "cartas en el asunto" e deseñar un protocolo para reabrir estas instalacións. "No es razonable que sigan cerrados mientras se anuncian conciertos y fiestas", engadiu.
Outras administracións como a Xunta, apuntou o edil popular, "nos sacan bastante ventaja" neste asunto, o que supón un "perjuicio" para os clubs que non poden adestrar nas instalacións que, como o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, dependen da administración autonómica.
Os clubs pontevedreses, subliñou Guille Juncal, "no tienen información certera" sobre a situación na que se atopan as instalacións deportivas municipais, o que lles impide planificar o seu calendario de traballo para preparar as súas respectivas competicións.
Aínda que engadiu que "no hay prisa", Juncal entende que a actual situación da pandemia, con deportistas sen adestrar desde o pasado 14 de marzo, obrigará a moitos clubs para facer pretemporadas máis longas "por lo que necesitan un plan a corto y medio plazo para trabajar".