O PP lamenta o tempo perdido na rehabilitación dos edificios centrais do Museo

Pontevedra
18 de outubro 2021

O portavoz da oposición celebra a decisión de "aparcar unha obra faraónica que ninguén compartía" e pide que non haxa máis demoras na reforma  

Pepa Pardo e Jorge Cubela diante do Museo de Pontevedra PP Provincial de Pontevedra

O Partido Popular de Pontevedra reclama á Deputación de Pontevedra que non haxa máis demoras na rehabilitación dos edificios centrais do Museo de Pontevedra, que levan pechados desde 2014.

O voceiro do grupo, Jorge Cubela, critica que "durante seis anos, PSOE e BNG estiveron dando voltas para acabar practicamente no mesmo proxecto que deixou o Partido Popular".

Neste liña, considera o popular que "de apostar desde o primeiro momento pola rehabilitación dos edificios centrais, hoxe a cidadanía estaría gozando plenamente do Museo, e do seu contido cultural e artístico. Pero a realidade é que o bipartito primeiro deixou pasar o tempo e permitiu que estes edificios caesen no esquecemento e, despois, apostou por unha obra faraónica que ninguén compartía", denunció.

Por iso, pide que "non haxa máis escusas nin rexeitamentos" ás reiteradas peticións do PP ao goberno provincial, que votou en contra de todas as súas propostas e peticións para insistir na urxencia de rehabilitar os edificios centrais.

"Sempre votaron e contra, porque a súa idea era continuar cun proxecto desproporcionado e que danaba o centro histórico da cidade. Pero o rexeitamento social foi tan grande, e era evidente que había outras posibilidades, que non lles quedou máis remedio que recapacitar e dar marcha atrás e volver ao punto de saída, seis anos tarde", rematou Cubela.