O PP inicia en Santo André de Xeve a súa rolda de encontros no rural

Pontevedra
11 de abril 2022

O presidente en funcións do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, o responsable do rural da formación local, Martín Martínez, e varios concelleiros organizaron o encontro no centro cultural de Santo André de Xeve

Acto do PP en Santo André de Xeve

O presidente en funcións do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, o concelleiro responsable do rural, Martín Martínez, e varios dos edís populares, iniciaron no centro cultural de Santo André de Xeve unha rolda de encontros abertos cos veciños do rural pontevedrés. 

Na cita, á que asistiron varias ducias de veciños, os populares presentaron unha moción que levarán ao Pleno municipal cunha serie de puntos para mellorar o servizo de recollida de lixo no rural, dada a próxima licitación dun novo contrato de lixos.

Ambos os edís aseguraron que "las parroquias están sometidas a un gran abandono" que son tratados como veciños "de cuarta categoría, pero que pagan sus impuestos como si fuesen de primera".

Rafa Domínguez asegurou que "para nosotros las parroquias son una parte fundamental de Pontevedra y para mí una prioridad absoluta", e sinalou que "un ejemplo de la indiferencia de este Concello con el rural es que delega en sus dos concejales con menor peso político la responsabilidad de llevar las parroquias", argumentou o popular.