Aínda que o presidente provincial do Partido Popular, Rafael Louzán, asegurou que se trata de "unha elegancia" o secretario xeral do PP en Galicia, Alfonso Rueda apuntou que "queremos sexa pacífico que se respecte o dereito do Partido Popular a facer os seus actos pacíficamentre do mesmo xeito que nosostros respectamos aos demais", dixo.
Nunha visita á praza de touros de Pontevedra para supervisar os traballos de montaxe do escenario, Rueda aproveitou para "facer un chamamento a todos os partidos políticos a todos os sindicatos para que non se volvan a repetir en ningún caso acontecimeintos como os vividos no Ferrol", onde as protestas de sindicalistas, traballadores do naval ferrolano rebentaron o inicio de campaña do PP.
De modo que en Pontevedra afiliados e simpatizantes populares terán que acudir con invitación ao coso de San Roque pola tarde.
Un acto no que intervirá o primeiro presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor, o candidato á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e que clausurará o xefe do Executivo central, Mariano Rajoy.
O PP espera reunir a 12.000 persoas chegadas de toda Galicia.