Os deputados provinciais do Partido Popular, Jorge Cubela e Pepa Pardo, compareceron este xoves para reclamar á Deputación que explique os seus plans para recuperar os edificios históricos do Museo de Pontevedra.
Jorge Cubela lamenta que a institución provincial leve "dando bandazos sete anos" desde que en 2014, sendo presidente Rafael Louzán, pechásense ao público os edificios Castro Monteagudo e García Flórez por razóns de seguridade como consecuencia do mal estado das estruturas de madeira, formigón e da pedra dos inmobles.
A Deputación está a deseñar un proxecto de rehabilitación por fases destes edificios do Museo. Empezando coa recuperación urxente do García Flórez e do Castro Monteagudo e deixando proxectada para unha segunda fase a posibilidade de unión mediante un gran soto co Fernández López. Unha parte dos inmobles destinarase a zona didáctica e a outra a espazo expositivo, segundo avanzou o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera.
Os deputados populares aseguraron que "é difícil, despois de sete anos, entender que é o que quere facer o señor Mosquera", sinalou o portavoz do PP despois de enumerar os plans de ampliación do Museo barallados ata o de agora pola Deputación, como un gran soto, un almacén arqueolóxico en Valdecorvos ou a integración do convento de Santa Clara.
"Nós desde o grupo provincial esiximos que se acometa dunha vez por todas a reforma dos dous edificios que son o emblema e a xoia da mazá cultural de Pontevedra", declarou Jorge Cubela.
A deputada Pepa Pardo engadiu que "estamos ante una auténtica incógnita y una pasividad del Gobierno provincial porque realmente no saben lo que van a hacer con los edificios" e urxiu unha solución para estes inmobles "que están dejando morir".