Os portavoces do grupo provincial do Partido Popular, Elena Muñoz e Ángel Moldes, cualificaron de "estafa" as axudas habilitadas pola Deputación de Pontevedra con motivo dos incendios forestais.
O goberno provincial, que preside a socialista Carmela Silva, puxo a disposición dos municipios máis de 90 millóns en axudas distribuídas en dúas liñas de apoio, unha destinada a medidas de cooperación municipal e prevención e outra consistente nun cambio de modelo na política forestal.
Para Ángel Moldes estas medidas supoñen unha "falta de respecto" aos veciños e alcaldes afectados pola vaga de incendios porque "o único que fan é meterlles en graves problemas" xa que "non se destina un novo investimento" senón que se aproveita un mecanismo que xa estaba contemplado nas bases para redirixir as axudas do Plan Concellos.
A popular Elena Muñoz dixo estar "decepcionada" porque "lo que se puso encima de la mesa fue una estafa" definindo as axudas da Deputación como unha "operación de maquillaje" debido a que non achegan "ni un solo euro", algo que considera "impropio de un gobierno responsable".
"Es una broma de muy mal gusto", continuou Elena Muñoz "tienen que dar respuestas, hablar claro y rectificar", engadiu.
Neste sentido Ángel Moldes instou á Deputación de Pontevedra a que actúe no marco das súas propias competencias e mellore o equipamento do consorcio de bombeiros e insistiu en reclamar que este goberno asuma os gastos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) nos concellos con menos de 20.000 habitantes.
Tamén o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, pediu á Deputación de Pontevedra que participe no proceso de comarcalización do parque de bombeiros de Pontevedra co obxectivo de atender eficazmente as emerxencias na bisbarra.