O PP cualifica de "despropósito" o custo da rehabilitación dos edificios históricos do Museo

Pontevedra
19 de setembro 2022

O Partido Popular tildou de "despropósito" que o proxecto de rehabilitación dos edificios históricos do Museo, o Castro Monteagudo e o García Flórez, ascenda a oito millóns de euros  

Pepa Pardo e Rafa Domínguez

O Partido Popular cualificou de "despropósito" que o proxecto de rehabilitación dos edificios históricos do Museo, o Castro Monteagudo e o García Flórez, ascenda a oito millóns de euros. A obra xa está incluída nos orzamentos da Deputación e solicitarase ao Goberno do Estado unha achega de tres millóns de euros dos fondos do Plan de Recuperación e Resiliencia para Edificios Públicos (Pirep).

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra, Rafa Domínguez e a deputada provincial e concelleira Pepa Pardo, compareceron este luns en rolda de prensa para criticar este proxecto da Deputación e reprochar os "cambios de opinión" do Concello da capital e as súas decisións "disparatas e ilógicas" respecto do Museo.

Rafa Domínguez asegurou que "la reforma que proponen es un disparate. No la compartimos". A restauración dos edificios permitirá sumar unha superficie de 256 metros cadrados, alcanzando así un total de 2.495 metros cadrados de superficie construída entre ambos os inmobles.

O popular fixo referencia ao espazo que gañaría o Museo coa incorporación do convento de Santa Clara, fronte a "los menos de mil metros que se añadirían con las obras subterráneas, que son además bastante más costosas".

No proxecto presentado pola administración provincial inclúese a conexión sepultada entre os edificios como solución conceptual para abordar o reto de garantir a accesibilidade. Segundo explicara o vicepresidente da Deputación, xa existía un túnel "pequeno, húmido e lúgubre" e agora realizarase unha conexión "funcional e moderna" entre o soto do xardín do García Flórez e a torre do Castro Monteagudo, e ademais instalarase un ascensor en cada edificio para facilitar a comunicación.

Segundo sinalou o portavoz do PP, "tenemos el convento de Santa Clara, un inmueble al que el Concello sigue sin darle uso después de pagar 3 millones de euros que nos ofrece cerca de seis mil metros cuadrados para darle un uso museístico" e lembrou tamén que "desde el Concello hasta se presentó la posibilidad de hacer un edificio en Valdecorvos, pero han vuelto a cambiar de criterio".

"Es un disparate presupuestario, casi 8 millones de euros de obra frente a los 3 de Santa Clara y, por lo tanto, desde el PP, no podemos compartirlo", reiterou Domínguez, que presentará unha moción para "impedir que las obras se hagan de esta manera". Domínguez incidiu en que a reforma da Casa do concello "es de solo 1,4 millones".

Finalmente, o Partido Popular ha repasado outras obras que o Concello anunciou  "¿Qué pasa con el pabellón de A Parda o el de Verducido, con la reforma de Mollabao o la de Monteporreiro, o con el campo del fútbol de Salcedo?" polo que concluíu que "menos propaganda y más hechos".

RESPOSTA DE MOSQUERA

César Mosquera saíu ao paso destas críticas da oposición sinalando que a Deputación non renuncia á construción dos sotos baixo estes edificios fundacionais do Museo pero terán que esperar a unha segunda fase. Alterou os plans da Deputación a compra de Santa Clara por parte do Concello de Pontevedra. "O único que cambiou do proxecto é que a conexión que estaba prevista para gañar máis esapazo quedará para unha segunda fase ao ter Santa Clara", afirmou.

O vicepresidente da Deputación e concelleiro pontevedrés insistiu en que este asunto "está explicado e recontraexplicado" e engadiu que "os dous edificios illados é radicalmente imposible que teñan un uso museístico".

Mosquera tamén incidiu en que a Deputación optou por un orzamento "polo alto" para garantir a viabilidade da licitación e limitar os riscos de que quede deserta, dado o escenario actual de alza de prezos. Ainda así dixo que "proporcionalmente esta rehabilitación é máis barata que otras feitas en museos deste tipo incluido o Prado". 

César Mosquera comentou tamén que "rehabilitar os dous edificios sen a conexión serían 7 millóns e coa conexión 8", tendo en conta que "sen esa conexión non valerían para Museo".

Por último, interpelou ao Partido Popular para aclarar "Propón o PP non rehabilitar os edificios e que queden para outros usos?".

O proxecto xa foi remitido ao Concello de Pontevedra para que "avance na tramitación da licenza municipal" e tamén á Dirección Xeral de Patrimonio para a emisión do informe preceptivo e está pendente dos informes favorable de Costas e de Telecomunicacións que "agardamos que cheguen canto antes".