O PP critica aos socialistas por xerar "incertidumbre" nos traballadores de ENCE

Pontevedra
26 de setembro 2018

Para o edil popular Rafa Domínguez, esta idea é un "engano" debido a que o traslado de Ence é "inviable", polo que este mércores quixo expresar aos traballadores o "apoyo" do Partido Popular de Pontevedra

Reunión de Rafa Domínguez co comité de empresa de Ence PP de Pontevedra

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado pola secretaria da formación na cidade do Lérez, Pepa Pardo, mantivo este mércores unha reunión con representantes do comité de empresa de Ence por mor da proposta dunha mesa de negociación para o traslado da fábrica de Lourizán feita polo PSOE e que, ao seu xuízo, "sólo ha generado incertidumbre en los trabajadores".

Para o edil popular esta idea é un "engaño" debido a que o traslado de Ence é "inviable", polo que hoxe quixo expresar aos traballadores el "apoyo" del Partido Popular de Pontevedra.

"Nosotros queremos defender sus puestos de trabajo y que sientan que estamos con ellos", díxolles Domínguez, reiterando o seu convencemento de que "el traslado de Ence implicaría el cierre de la empresa" unha circunstancia que, segundo dixo "nadie en Pontevedra quiere".

"El cierre de empresas es un drama social", afirmou o portavoz popular. Domínguez insistiu en que por culpa do goberno local do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores "Pontevedra es una ciudad hostil para las empresas", xa que "el BNG cree que las empresas son demonios que vienen a hacer el mal".

"Ence cumple con todas las medidas medioambientales que se exigen en Europa, por lo tanto debe seguir", destacou o líder local do PP.

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa por Ence, Ignacio Acuña, lamentou que sempre que se achega unha cita electoral fáganse propostas como a do traslado e destacou que "Pontevedra tiene un problema que es el paro. Este es el problema en el que se tienen que centrar los políticos"

Arquivado en