O PP comprométese a favorecer "unha contorna aberta e favorable" para a integración cultural das persoas hispanoamericanas

Pontevedra
10 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Os concelleiros do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez e Silvia Junco, mantiveron este mércores unha reunión de traballo con representantes da Asociación de Venezolanos de Pontevedra (ASOVEDRA), celebrada, na súa sede da Casa Azul

Silvia Junco, Mónica Brenna, Manuel Osorio y Rafa Domínguez

Os concelleiros do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez e Silvia Junco, mantiveron este mércores unha reunión de traballo con representantes da Asociación de Venezolanos de Pontevedra (ASOVEDRA), celebrada, na súa sede da Casa Azul.

O presidente e a secretaria de ASOVEDRA, Manuel Osorio e Mónica Brenna, compartiron os fins da asociación cos edís populares, que valoraron o encontro como "construtivo" tras tomar nota de todas as súas reivindicacións.

Silvia Junco destacou, tras a reunión en cálea Sor Lucía, que este ano "hay más de 650 personas con planes de retorno de Venezuela y que el 35 por ciento tienen como destino Pontevedra".

O PP comprometeuse coa comunidade venezolana a  "favorecer un entorno abierto y favorable" para a súa integración cultural, asegurou a concelleira, despois de escoitar que os problemas de transporte e de vivenda son as maiores dificultades que atopan á hora de chegar a España.