O PP, coa mente posta nas municipais de 2023: "Non renunciamos a nada"

Pontevedra
31 de agosto 2021

O Partido Popular ten un obxectivo claro para as eleccións municipais de 2023. "Non renunciamos nada" en ningún dos 61 concellos da provincia, incluídos Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, avanzou o seu presidente provincial, Alfonso Rueda

Rafa Domínguez, Alfonso Rueda e José Manuel Cores Tourís Mónica Patxot

O Partido Popular ten un obxectivo claro para as eleccións municipais de 2023. "Non renunciamos nada" en ningún dos 61 concellos da provincia, incluídos Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, avanzou o seu presidente provincial, Alfonso Rueda.

Rueda, que revalidará o seu cargo á fronte do PP pontevedrés no congreso provincial que se celebrará o próximo 18 de setembro en Pontevedra, sinalou ademais que recuperar o control da Deputación "é o noso obxectivo" para esa cita coas urnas.

Aínda que quedan dous anos para renovar as corporacións municipais, o PP fixa o seu conclave provincial como o 'pistoletazo' de saída para estas eleccións. Os resultados de 2019 "non foron os que esperabamos", recoñeceu, polo que "temos moita marxe de mellora".

Nun almorzo informativo celebrado en Pontevedra, o único aspirante a liderar ao PP provincial defendeu o traballo realizado nos últimos anos para ampliar o número de afiliados ao partido, que se situou en máis de trinta mil.

Ademais, o dirixente popular puxo en valor a "unidade" do seu partido fronte ás loitas internas "que vimos este verán" noutras formacións e o labor de renovación "continua" que o PP realizou na práctica totalidade das súas agrupacións locais.

Tras reiterar que mantén "intacta" a súa "ilusión" por traballar para fortalecer a base electoral do PP na provincia, Alfonso Rueda avanzou que haberá cambios no equipo que lle acompañará á fronte da executiva provincial.

Así, xunto coa "importante" presenza de membros do PP de Pontevedra, Rueda desvelou que José Manuel Cores Tourís deixará de ser, tras cinco anos no cargo, o secretario de organización do Partido Popular na provincia.

Continuará traballando para o partido pero, como el mesmo explicou, "onde podo ser máis útil" que é a comarca do Salnés, un bastión histórico do PP pontevedrés no que, actualmente, só gobernan en dous dos seus nove municipios.