O pleno de Marín abordará a creación dun ente supramunicipal de xestión da auga

Marín
11 de setembro 2023

O obxectivo deste novo organismo será dotar dunha regularidade administrativa á xestión do abastecemento da agua entre Marín, Pontevedra, Poio, Bueu, Sanxenxo, Vilaboa e Ponte Caldelas

Pleno de Marín Concello de Marín

O Concello de Marín levará na orde do día do pleno da corporación que se celebrará este xoves ás 20.00 horas a formalización dun acordo para crear un ente supramunicipal co que regular a xestión do subministro de agua á vila ademáis de Pontevedra, Poio, Bueu, Sanxenxo, Vilaboa e Ponte Caldelas.

A alcaldesa, María Ramallo, explicou que levar a pleno esta cuestión é "un compromiso que adquirimos estes concellos nunha reunión que mantivemos con Augas de Galicia e con Acues en xullo".

Ramallo incidiu na importancia de dar este "primeiro paso" para poder despois dotar de forma xurídica a este ente que "nos permitirá xestionar o abastecemento hidráulico nas nosas vilas dunha forma reglada".

Nestes momentos, este sistema de abastecemento atópase nunha situación de irregularidade administrativa, que debe ser resolta á maior brevidade posible, "posto que estamos a falar dun servizo público esencial", explicou a alcaldesa.

O obxectivo do ente supramunicipal é poder, polo tanto, crear un organismo que garanta a igualdade das condicións nas que se presta o abastecemento de auga á poboación destes concellos.

Así, tal e como se levará ao pleno da corporación marinense, solicitarase a concesión dun caudal de 1.000 litros por segundo, sendo as fontes de captación de agua o río Lérez, o rego de Rons e o encoro do Pontillón do Castro.

MOCIÓN DO PSOE

Ademáis nesta sesión plenaria o PSOE de Marín defenderá unha moción coa que propón que o actual modelo de escolas deportivas se amplie ofrecendo actividades de arte, tecnoloxía e natureza.