O Pleno da Lama aproba o convenio de Protección Civil e Emerxencias que suma a Soutomaior e Pazos de Borbén

Soutomaior
24 de xaneiro 2024

Estes dous municipios uniranse a outros cinco para integrar a agrupación Oitavén-Tea de Protección Civil.

Pleno do Concello da Lama Concello da Lama

O Pleno da Corporación Municipal do Concello da Lama aprobou cos votos a favor do Partido Popular e o PSOE, e a abstención de UCIN, o convenio de Protección Civil e Emerxencias que contempla unha aportación de 5.500 euros e a incorporación dos concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén.

Estes dous municipios uniranse a outros cinco para integrar a agrupación Oitavén-Tea de Protección Civil.

Este colectivo, que une aos concellos de Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, A Lama y Fornelos de Montes, fortalecerá este servizo cun incremento de recursos e persoal, ademais de supoñer unha mellora nas intervencións de colaboración coa veciñanza.

Por outra banda, a Corporación aprobou cos votos a favor do PPdeG e a abstención da oposición o Regulamento Orgánico Municipal (ROM) que permitirá ordenar a participación dos distintos grupos políticos no desenrolo dos plenos tanto ordinarios como extraordinarios.

Así mismo, procedeuse a aprobar de xeito definitivo a rectificacion do Libro de Inventario de Bens Municipais no que se admitiu unha alegación e foron rexeitadas outras dúas. 

Finalmente, procedeuse a realizar o sorteo para elixir aos membros das mesas que rexirán o proceso electoral que terá lugar en Galicia o vindeiro 18 de febreiro.