O Plan Revitaliza inicia o curso nos centros de ensino

Pontevedra
03 de novembro 2020

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vén de iniciar oficialmente o seu curso nos centros de ensino da provincia coas actividades didácticas sobre compostaxe adaptadas á situación actual coa pandemia da covid-19

Actividades divulgativas do Plan Revitaliza Deputación de Pontevedra

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vén de iniciar oficialmente o seu curso nos centros de ensino da provincia coas actividades didácticas sobre compostaxe adaptadas á situación actual coa pandemia da covid-19.

Os obradoiros e charlas xa comenzaron a semana pasada e continuan ésta na Escola de Educación Infantil de Curro, en Barro.

As actividades dispoñibles poden consultarse na web revitaliza.depo.gal, e consisten fundamentalmente en propostas presenciais "atractivas" para o alumnado a pesares da pandemia.

A grandes liñas mantense o proxecto educativo coas mesmas actividades do curso pasado, pero sendo o máis demostrativas posible e sen movementos e interaccións entre as e os participantes, dividindo os grupos noutros mais pequenos no caso de ser necesario, e ampliando o número de persoal de monitorado, cunha proposta o mais personalizada posible, tanto na duración, número de participantes, espazos a empregar e circunstancias de cada centro, sempre atendendo á normativa e protocolos de Sanidade e Ensino de cada momento.

Ata o de agora pasaron polas actividades lúdicas do Revitaliza realizadas a través do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) máis de 30.000 alumnos, que coñeceron a compostaxe e concienciáronse da necesidade de tratar os residuos de maneira ambientalmente sustentable.

A pesares do parón motivado pola suspensión de clases no pasado mes de marzo derivado da pandemia, o interese polo programa está medrando claramente, sendo solicitado incluso polos concellos para os seus obradoiros e campamentos de verán. Nestes momentos están recibíndose tamén bastante solicitudes por parte dos centros do ensino, aínda que con prudencia e nun ritmo menor a outros cursos.