O Plan Revitaliza indica o camiño a seguir a outros lugares e servirá de base para nova lexislación europea

Pontevedra
20 de setembro 2019

O vicepresidente Mosquera destaca que o Revitaliza está a ser "un exitazo" e que o recoñecemento europeo é "un espaldarazo"

Presentación do monográfico que Zero Waste Europe adica ao Plan Revitaliza Cristina Saiz

O director da axencia europea Zero Waste Europe, Joan Marc Simón, asegurou este venres en Pontevedra que o Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra "está al nivel de la superpolítica europea del Pacto Verde", marca o camiño a seguir a outros lugares da unión no tratamento de residuos, e "podrá servir de base para la próxima normativa europea".

Simón, que estivo na cidade do Lérez para presentación da publicación monográfica que o organismo europeo lanzou sobre o Revitaliza, afirmou que o programa provincial supón un "modelo de gestión descentralizada de la materia orgánica contrastado y refrendado con resultados". 

Indicou, así mesmo, que é destacable por abordar o tratamento de lixo dunha maneira integral, ao formar persoal técnico capacitado, facer un seguimento e control da compostaxe, e aplicar novas tecnoloxías como é o casao da app que permite facer un seguimento da calidade do compost e estado dos centros de compostaxe en tempo real.

Destacou que iniciativas como o Revitaliza, ademais de ser moi beneficiosas para Pontevedra, proporcionan a posibilidade de "visualizar" que actuando así é posible cumprir a actual normativa de reciclaxe europea, "y no solo en la provincia, sino en otros muchos lugares".

Joan Marc Simón lembrou que os obxectivos europeos de reciclaxe para 2020 son do 50% e advertiu que "el Estado español tendría que cumplir y no cumplirá". 

"Nosotros trabajamos con la Comisión Europea para que ejemplos como estos puedan aplicarse en otros países, es decir, ¿si Pontevedra está haciéndolo, por que no Hungría, Francia u otros sitios con condiciones similares de población u orografía? Puede ser una solución",  afirmou.

O director de Zero Waste Europe subliñou que o Revitaliza é tamén un referente para o desenvolvemento de futuras políticas a nivel europeo e local. "Estas buenas prácticas permiten crear un modelo que luego por ley podamos replicar en otros sitios, porque es siempre más fácil hacer leyes sobre cosas que ya existen que hacer una ley sobre algo que no sabríamos como funciona", dixo.

Joan Marc Simón puxo en valor o plan de compostaxe da Deputación asegurando que está ao mesmo nivel que superpolíticas europeas como a do Pacto Verde, aplicada pola vicepresidencia do "European Dream Deal", por basearse en facer un modelo de xestión de lixo que crea ocupación local, xestiona os recursos localmente e en proximidade sen ter que gastar moito diñeiro e sen crear máis contaminación, facendo que a economía local funcione.

O plan de Zero Waste co Revitaliza a partir de agora é traballar dentro da Comisión Europea, e presentalo no Parlamento Europeo e na Comisión de Medio Ambiente para que outros deputados europeos poidan coñecelo.

"Animamos a que continúe, se expanda todo el posible y siga el impacto que está teniendo, que es espectacular", finalizou Simón.

Zero Waste ten publicado varios monográficos sobre boas prácticas ambientais en toda Europa, mais a do Revitaliza (a número 13) é a única sobre xestión descentralizada da fracción orgánica. Tamén se consideraron casos de estudo o do municipio catalán de Argentona (Cataluña) polo seu sistema de recollida porta a porta con pago por xeración, e a historia de Guipúscoa.

"UN ESPALDARAZO"

O vicepresidente César Mosquera manifestouse moi satisfeito do recoñecemento do Revitaliza por parte da axencia europea.

"Cando comezamos esta aventura hai catro anos nunca pensamos que teriamos a relevancia que está a alcanzar e ser nestes momentos ser un proxecto pioneiro que se está a poñer como exemplo en toda a Unión Europea", dixo o vicepresidente.

Mosquera lembrou que hai catro anos "estabamos nunha situación atrasada con respecto a outros lugares de Europa" e só había unha ventaxa "tiñamos exemplos do que había e non había que facer, intentamos aprender e ver as vías que non tiñan éxito e creaban resistencia aproveitando partes boas", explicou.

Ante o camiño percorrido, o nacionalista indicou que finalmente o plan de compostaxe provincial estase a demostrar como "un exitazo", polo que agradeceu o esforzo, dedicación e empuxe ao persoal técnico e aos 43 concellos adheridos.

En canto ao recoñecemento de Zero Waste e á publicación do monográfico insistiu en que "é un espaldarazo para seguir se cabe con maior velocidade e impulso para completar o proxecto". 

"O que se avanzou en catro anos foi espectacular, sempre se pode ir máis rápido, pero hai que ter coidado, porque a potencia sen control non serve de nada", finalizou.