O plan Reinicia Pontevedra para pemes e autónomos iníciase o día 11 cun encontro dixital multisectorial

Pontevedra
09 de maio 2020

O programa contempla sete charlas dixitais gratuítas con expertos en xestión empresarial e asesoramento individualizado para empresas e autónomos

Plataforma #PonteLovers Concello de Pontevedra

A concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia) poñen en marcha o programa Reinicia Pontevedra, dentro del plan PonteLovers, para persoas traballadoras autónomas e pemes.

Nesta iniciativa para o relanzamento empresarial ofrécense gratuitamente dúas accións: asesoramento personalizado para empresas e sete encontros telemáticos transversais e multisectoriais.

As primeiras accións do programa comezarán coas charlas do ciclo Reinicia o teu Negocio que impartirán especialistas na xestión empresarial e emprendedores da cidade nun ambiente de diálogo e de intercambio de experiencias.

A primeira sesión está prevista para o 11 de maio e centrarase na nova relación cos clientes. Cada luns e xoves ás 15.30 horas, ata o 1 de xuño, celebrarase un novo encontro que versarán sobre novos valores, novos servizos, técnicas de venda, publicidade e márketing, estratexia de comunicación e estratexias dixitais.

As inscricións son gratuítas a través da páxina web de APE Galicia ou dos seus correos electrónicos ou teléfonos.

A segunda liña do programa céntranse en asesoramentos individuais gratuítos. Terán un carácter singular porque cada negocio ou microsector é distinto e o obxectivo é enfocar con acerto a reapertura, a nova saída ao mercado ou o plan de relanzamento. O programa técnico está coordinado por Miguel Ángel Souto, director de CIMAK

O programa enfocarase en catro modificacións do mercado: a existencia dun novo tipo de cliente, unha nova forma de comprar, unha nova realidade dixital, novas oportunidades de negocio. E existen tres obxectivos a cumprir para saír con éxito da crise: Entender a dimensión dos cambios e reaccionar, reflexionar sobre a estratexia de cada negocio e guiar de forma individual aos autónomos e pemes.