O persoal dos PAC da área de Pontevedra rexeita o documento do Sergas e segue en pé de guerra

Pontevedra
29 de abril 2019

Este martes, representantes dos Puntos de Atención Continuada de todas as áreas de Galicia teñen previsto reunirse en Santiago de Compostela para establecer un calendario de actos que realizarán ante a falta de acordo co Sergas

Asemblea dos representantes dos PAC da área sanitaria de Pontevedra PAC en pé de guerra

As posturas continúan distantes entre o persoal que forma parte dos Puntos de Atención Continuada (PAC) e o Servizo  Galego de Saúde (Sergas) no conflito laboral aberto e que quedou de manifesto publicamente no inicio da campaña electoral das Xerais.

Este luns desenvolvíase unha asemblea de traballadores na área de Pontevedra. Un dos puntos de enfrontamento atópase na xornada complementaria neutra. Os representantes del personal reclaman o pago desta xornada complementaria en caso de baixa ou de permiso, mentres que o Sergas entende que só se pagarán cando se realicen.

Segundo os datos que facilita a Consellería de Sanidade, o Sergas establecía coa intención de chegar a un acordo un incremento no salario pola realización de noites e festivos ou en domingos a partir de 2020.  Sanidade tamén aceptaba garantir a contratación de reforzos para os PAC atendendo a criterios obxectivos sempre que fose necesario.

En todo caso, a asemblea de traballadores de Pontevedra rexeitou por unanimidade a oferta e este martes, representantes de todas as áreas sanitarias de Galicia reuniranse en Santiago para establecer o calendario para seguir durante as próximas semanas.