O persoal dos PAC, 200 días en folga cunha xornada maratoniana en Marín e Vilagarcía

Pontevedra
15 de xullo 2019

Os profesionais sanitarios denuncian que chegan a estes 200 días sen recibir noticias do Servizo Galego de Saúde para tentar alcanzar unha solución ao conflito. De feito, o último contacto foi a negativa da administración autonómica a aceptar unha mediación solicitada polos traballadores ante esa falta de diálogo  

Carteis da folga no PAC da Parda PontevedraViva

O persoal dos PACs (Puntos de Atención Continuada ou servizos de urxencia extrahospitalaria) acaban de cumprir 200 días en folga, unha triste cifra en toda Galicia que, ademais, no caso de Pontevedra e a súa comarca, tivo unhas características especiais. Este domingo, día en que se cumprían esas 200 xornadas, dúas médicas de Marín e Vilagarcía tiveron que realizaron 14 horas máis de traballo

Os profesionais sanitarios denuncian que chegan a estes 200 días sen recibir noticias do Servizo Galego de Saúde para tentar alcanzar unha solución ao conflito. De feito, o último contacto foi a negativa da administración autonómica a aceptar unha mediación solicitada polos traballadores ante esa falta de diálogo. 

En relación con esas 14 horas de traballo das profesionais de Marín e Vilagarcía, o persoal dos PAC critica que o Sergas argumenta que é obrigatorio e preciso por necesidades de servizo (non dispoñibilidade de titulares, substitutos ou voluntarios) e apelan ao cumprimento do Pacto que rexe as condicións laborais destes traballadores para levalo a cabo.

Precisamente, os traballadores en folga reivindican que se cumpra ese pacto ao que apela neste casso o Sergas, de maneira que piden que se poña "o mesmo empeño" en cumprir cos dereitos laborais dos traballadores que á hora de esixir as súas obrigacións

Así, demandan o adecuado cómputo da nosa xornada en calendario e a revisión dos plans funcionais (é dicir, as necesidades de recursos humanos tendo en conta variables como o número de asistencias, a dispersión da poboación, a distancia aos centros hospitalarios, a estacionalidade...). 

Desde PACs en pé de Guerra aseguran que seguirán cumprindo co seu deber con profesionalidade aínda que deban dar o 200% e instan ao Sergas a que asuma a súa responsabilidade de dar unha asistencia sanitaria digna e de calidade, así como garantir os dereitos dos traballadores.