A empresa Supera, concesionaria das instalacións do Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños desde hai anos, anunciou por sorpresa este xoves a súa decisión de pechar a partir do venres 11 de marzo as súas instalacións de auga en Pontevedra polos "inasumibles custos enerxéticos que debemos afrontar nos últimos meses".
A decisión colleu de sorpresa a traballadores, usuarios e deportistas federados que alí adestran, coñecedores que no caso da instalación pontevedresa o quecemento da auga da piscina corre a cargo de ENCE.
Con todo trátase dunha decisión tomada por Supera a nivel nacional, e que afecta a moitas das instalacións que xestiona en 22 localidades de toda a xeografía española.
A través dos seus perfís en redes sociais os centros deportivos compartiron nas últimas horas o mesmo mensaxe, na que se xustifica por "os efectos negativos da pandemia, unidos aos desbocados prezos enerxéticos, agravados polos últimos acontecementos".
A mensaxe, ademais de en Pontevedra, compartiuse en puntos como León, Oviedo, Burgos, Móstoles ou Estepona, por citar algún, o que reflicte que se trata dunha decisión que escapa á esfera local dificultando á súa vez unha rápida solución.