O Pazo Provincial iluminarase de verde para visibilizar a doenza da artrite

Pontevedra
30 de setembro 2016

Cada ano detéctanse na provincia preto de mil novos casos diagnosticados na enfermidade auto inmune

Carmela Silva recibiu á Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (Asearpo) Mónica Patxot

Cada ano detéctanse na provincia preto de mil novos casos diagnosticados de artrite reumatoide.

O día un de outubro se celebra o día nacional da artrite, e para a visibilización da doenza a fachada da Deputación de Pontevedra iluminarase en verde ao igual que outros edificios emblemáticos a nivel nacional.

A nivel do país esta doenza está a afectar a preto dun un por cento da poboación, con preferencia nas comunidades do norte e, sobre todo, as mulleres, ás que alcanza ata o setenta por cento das doentes. En Galicia son preto de 30.000 persoas das cales sete mil están na provincia de Pontevedra.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, recibiu á presidenta da Asociación do Enfermo de Artrite de Pontevedra (Asearpo), Mabel Avendaño e ao seu vicepresidente, Juan José Otero, entre outros membros da súa xunta directiva, para mostrarlles o seu apoio.

A investigación é a atención ás persoas doentes son os outros aspectos que Carmela Silva destacou como os máis importantes para o tratamento desta enfermidade e reclamou a implicación de todas as administracións para garantir ambos aspectos.