O Pazo da Cultura dille a este ano: "Vaite 2020!"

Pontevedra
12 de decembro 2020

Así o transmite na imaxe que proxecta na fachada do edificio principal do Pazo da Cultura, cara o río Lérez e que se poderá ver dende a noite deste venres até o vindeiro 31 de decembro, cando a concellaría trasladará, cunha proxección similar, as expectativas de cara ao ano 2021

O Pazo da Cultura dille a este ano: "Vaite 2020!" Mónica Patxot

A Concellaría de Cultura que dirixe Carme Fouces desvelou o que lle desexa ao ano 2020: "Vaite!" logo de traer meses de tristura, inquedanza e incerteza. 

Así o transmite na imaxe que proxecta na fachada do edificio principal do Pazo da Cultura, cara o río Lérez e que se poderá ver dende a noite deste venres até o vindeiro 31 de decembro, cando a concellaría trasladará, cunha proxección similar, as expectativas de cara ao ano 2021.

Este "Vaite e non volvas" súmase ao "Mala chispa te coma" que lle di ao 2020 o photocall que instalou o Concello na praza de España, na zona verde próxima ao monolito do km 0. 

Esta outra iniciativa parte da Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural que dirixe Iván Puentes e así "resume dun xeito moi noso ese desexo que temos todos de que este pesadelo da covid-19 remate canto antes e poidamos ir recuperando a normalidade coa chegada de 2021".