O Pazo acollerá a segunda Xornada do Monte

Pontevedra
18 de setembro 2017

Esta iniciativa está organizada polo Concello de Pontevedra co fin de avaliar as liñas de traballo que se están a desenvolver no sector forestal do que este municipio e líder en investigación

Demetrio Gómez e Alberte Oubiña Mónica Patxot

O Pazo da Cultura acollerá o sábado 30 de setembro a xornada "Tecendo a rede. Estratexia Forestal de Pontevedra". 

Esta iniciativa está organizada polo Concello de Pontevedra co fin de avaliar as liñas de traballo que se están a desenvolver no sector forestal do que este municipio é líder en investigación.

Os concelleiros con responsabilidades no medio natural Alberto Oubiña e Demetrio Gómez presentaron este luns a xornada subliñando o feito de que "Pontevedra é unha potencia de primeiro nível europeo, e mesmo mundial, a nivel de investigación e de formación de profesionais no ámbito forestal".

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán, o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, a Misión Biolóxica de Galicia e a Escola Universitaria de Enxeñería Forestal dan proba diso.