O Paxaro de Mal Agoiro, protagonista do cartel do Entroido de Bueu

Bueu
06 de febreiro 2018

A pontevedresa Beatriz Sieiro Caramés é a autora da imaxe coa que se promocionará este ano o Entroido de Bueu. A súa foi a proposta gañadora no concurso organizado polo Concello

Presentación do cartel do Entroido de Bueu Concello de Bueu

A pontevedresa Beatriz Sieiro Caramés é a autora da imaxe coa que se promocionará este ano o Entroido de Bueu. A súa foi a proposta gañadora no concurso organizado polo Concello.

O goberno municipal destaca que o cartel reflicte dúas realidades moi asociadas a Bueu, como son o Paxaro de Mal Agoiro e o cine. Así mesmo, celebran que "é un deseño moi xestual e que centra moi ben o concepto de cartelismo, onde non sobra ningún elemento". 

O xurado estivo conformado polo concelleiro de urbanismo, Martín Villanueva Pastoriza, polo artista cangués Camilo Camaño Xestido e pola gañadora da pasada edición do certame, Isabel Núñez Montero, actuando como secretario Fernando Baeza Ordóñez, arquitecto municipal.

A gañadora, que foi elixida entre un total de dez carteis presentados, faise cun premio dotado con 300 euros e será a imaxe elixida para ilustrar a campaña de publicidade do Entroido de Bueu deste ano.

Arquivado en