O Concello de Pontevedra acaba de presentar o "pasominuto", trátase dunha guia de suxestións para pasear polos espazos máis agradables da cidade tendo en conta as distancias que se percorren, os pasos que se dá e o tempo que leva.
Por exemplo circular polo centro histórico, polas rúas Peregrina, Cobián Roffignac, Padre Amoedo, Serra, García Escudero, Arcebispo Malvar, Concello e Michelena supón unha distancia de 1,6 quilómetros, que se percorre en 2.530 pasos e sen parar nos escaparates dura 28 minutos.
Así ata un total de 20 itinerarios diferentes, todos eles son accesibles para persoas con mobilidade reducida, agás o tramo entre a estación de autobuses e Tomeza pertencente á senda do Gafos.
Combinadas entre elas fan un total de 29 suxestións de percorridos entre os 390 pasos da ruta máis curta (a do paseo central do Miradoiro de Monte Porreiro) e os 17.100 da máis longa, a que vai dende a Ponte dos Tirantes ata Bora, un itinerario subdividido en tres derrotas, con "estacións" na praia fluvial e a Estación de Bombeo do Lérez.
A idea xorde das consultas formuladas polos pacientes que nos distintos centros de saúde
A idea xorde das consultas formuladas polos pacientes que nos distintos centros de saúde. A coordinadora de Enfermaría do Centro de Saúde da Parda, Carmen Abeledo, acudiu ao Concello para trasladar esta inquietude, suxerindo unha adaptación do afamado metrominuto para poder integrar estes paseos na vida cotiá e facer exercicio.
Carmen Abeledo sinalou que a Organización Mundial de la Salud recomenda camiñar máis de 10.000 pasos ao día para levar unha vida activa e saudable.
Co lema "Móvome, logo existo" recóllense nesta guía os datos elaborados para unha persoa de estatura media (1,65 metros) en boas condicións físicas. A base de cálculo é de aproximadamente, 90 pasos por minuto e 1,5 pasos por metro, é dicir, un ritmo de paseo que permita ir conversando sen fatigarse.