O paseo Alcalde Antonio Blanco de Marín volveu a converterse en foco de atención dos vándalos. Do mesmo xeito que ocorrera en xaneiro, sufriu danos no valado do parque infantil situado na contorna.
Segundo deu a coñecer a acaldesa, María Ramallo, unha zona do valado sufriu importantes danos e, danos que se suman a outros rexistrados días atrás, cando os vándalos procederon á queima dunha palmeira da contorna e provocaron unha rotura noutra parte do peche perimetral.
O Concello fai un chamamento á colaboración cidadá para acabar con este tipo de comportamentos, pois os actos vandálicos levan meses afectando a distintos espazos púbicos de Marín, desde este paso á leira de Briz, as praias ou as marquesiñas das paradas de autobuses en Santo Tomé de Piñeiro, Ardán e A Bouza (San Xulián).