O parricida de Moraña será trasladado de modo inminente a Léon para cumprir a prisión permanente revisable

Pontevedra
07 de xullo 2017

David Oubel permanecía este venres na Lama, pero ao longo deste fin de semana será conducido de novo a Mansilla de las Mulas. Optouse polo seu traslado porque a brutalidade do dobre parricidio polo que foi condenado provocaba que o resto dos internos tivesen unha actitude de rexeitamento cara a el e complicaba garantirlle a integridade  

David Oubel, o parricida de Moraña
David Oubel, o parricida de Moraña / Mónica Patxot

David Oubel Renedo, o primeiro condenado á pena de prisión permanente revisable en España por degolar ás súas fillas utilizando unha serra radial e un coitelo de cociña tras drogarlas, permanecía este venres no centro penal da Lama, pero será trasladado de forma inminente ao penal de máxima seguridade de Mansilla de las Mulas de León, onde está previsto que cumpra polo menos a primeira parte da pena.

O parricida confeso das súas fillas de 4 e 9 anos permaneceu en Mansilla de las Mulas durante case 23 meses. Foi detido o 31 de xullo de 2015 -día do dobre asasinato- e ingresou en prisión ao día seguinte, 1 de agosto. Tras un breve paso pola Lama, foi trasladado a León e alí permaneceu ata hai apenas unha semana. Dada a proximidade da celebración do xuízo na Audiencia Provincial de Pontevedra, a finais de xuño chegou ao penal pontevedrés.

Este xoves, tras a lectura do veredicto do xurado que o considera culpable de dous delitos de asasinato con aleivosía e unha vez que a maxistrada Nélida Cid ditou sentenza e condenoulle á pena de prisión permanente revisable, foi trasladado de novo ata A Lama. Pero por pouco tempo. Ao longo deste fin de semana, será conducido de novo a León. 

A prisión de Mansilla de las Mulas ten capacidade para 1.008 presos, aínda que ten unha poboación recluída superior. Reúne as mesmas condicións de máxima seguridade que A Lama, pero desde o principio optouse por trasladarlle alí en busca dunha contorna menos hostil, pois a brutalidade do dobre parricidio que lle atribuían e polo que agora foi condenado provocaba que o resto dos internos tivesen unha actitude de rexeitamento cara a el, sobre todo, nun lugar no que o crime tivo máis transcendencia e todos os reos coñecían os detalles dos seus delitos. En León a distancia xeográfica e emocional fai máis sinxelo garantirlle a integridade e tranquilidade nas súas relacións co resto de presos. 

Fontes penais trasladaron a PontevedraViva que durante o tempo que permaneceu na Lama estivo no módulo de Enfermería, dada a provisionalidade da súa estancia no centro penal e para que fose máis sinxelo o seu traslado diario ata a Audiencia Provincial de Pontevedra durante os tres días que durou o xuízo. Non hai constancia de ningún incidente con ningún interno.

A prisión permanente revisable implica, no seu caso, que a condena non ser revisará como mínimo ata que leve 25 anos no cárcere -23 a contar desde agora dado que xa leva case dous en prisión provisional desde o crime-. En se momento revisarase de oficio e o tribunal correspondente deberá decidir que sucede con el. Antes poderá empezar a gozar de beneficios penais, pero os xuristas consutados dubidan dobre o período que debe transcorrer para que iso suceda, que, en todo caso, será superior ao habitual por un unha condena de asasinato. 

Para Oubel non cabía outra condena posible á prisión permanente revisable tras a reforma do Código Penal de 2015, que establece que é a pena para aplicar nos casos de máis dun asasinato -dous para el- nos que concorra a aleivosía e as vítimas sexan menores de 16 anos -as súas fillas Amaia e Candea tiñan 4 e 9 cando as asasinou-.

Arquivado en