O parque residencial da antiga Tafisa sumará 45 novas vivendas

Pontevedra
29 de setembro 2023

O goberno municipal outorgou unha nova licenza para construír un edificio de 45 vivendas, que ocupará os números 1 e 3 da rúa Ernestina Otero. Ocupará unha parcela de 975 metros cadrados e que ten unha edificabilidade de 6.100 metros cadrados. Terá tres sotos, baixo, seis plantas e un baixo cuberta

Edificio en construción na zona de Tafisa Mónica Patxot

A urbanización dos antigos terreos de Tafisa continúa dando pasos. Ás promocións inmobiliarias xa terminadas ou en construción ou os equipamentos que se abren paso en todo este espazo, súmase agora una novo proxecto residencial.

O goberno municipal outorgou unha nova licenza á promotora Culmia para construír un edificio de 45 vivendas, que ocupará os números 1 e 3 da rúa Ernestina Otero.

Ocupará unha parcela de 975 metros cadrados e que ten unha edificabilidade de 6.100 metros cadrados. Terá tres sotos, baixo, seis plantas e un baixo cuberta

Construír esta promoción inmobiliaria, que está situada xunto á residencia de maiores que xa está en obras na zona, custará 5,9 millóns de euros e o prazo de execución para terminar o edificio sitúase en 24 meses.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou a súa "satisfacción" pola transformación desta zona industrial nunha área residencial e de equipamentos.

"Tivemos a mala sorte de que empezou a crise e estivo parado moito tempo pero agora está saíndo todo a gran velocidade", subliñou o rexedor.

LICENZA PARA OS VIAIS DE CARREFOUR

Ademais, o Concello deu licenza a Carrefour para proceder á renovación e mellora dos viais petrimetrales que rodean ao seu centro comercial en San Brais. Será, sobre todo, actuacións de reparación e pavimentación para corrixir o seu mal estado.

A obra conlevará un plan de tráfico que aínda non está definido a expensas de que Carrefour comunique formalmente a data de inicio destes traballos.