O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, finalista do Premio Internacional AR&PA

Umia
14 de novembro 2014

Terá que enfrontarse a outros sete candidatos de varios países, seleccionados entre un grupo de 25 propuestas. O director do Parque Arqueolóxico (PAAR) de Campo Lameiro, José Manuel Rey, defenderá esta tarde a candidatura perante o xurado do premio, no Auditorio Miguel Delibes de Valladolid

Visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro Xunta de Galicia

Ocentro de arte rupestre de Campo Lameiro opta ao Premio Internacional AR&PA de Intervención no Patrimonio Cultural. Terá que enfrontarse a outros sete proxectos de diversos países.

Os rivais que tamén figuran como candidatos son a Cámara Santa da catedral de Oviedo o proxecto de recuperación do teatro romano de Clunia, en Burgos, a intervención dentro dun complexo arqueolóxico dos Mercados de Trajano, en Roma, a remodelación do Museo Arqueolóxico nacional, o proxecto de recuperación do submarino de Peral, o convento de Vilar Frades e a restauración da catedral de Tarazona. Os proxectos foron seleccionados entre un total de 25 propostas.

O director do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro (PAAR), José Manuel Rey, expón na tarde deste venres a candidatura ante o xurado do premio no Auditorio Miguel Delibes de Valladolid. O gañador deste galardón coñecerase o sábado 15 de novembro no marco da IX Bienal de Restauración e Xestión do Patrimonio.

O PAAR é un proxecto cultural creado pola Xunta de Galicia co obxectivo de xerar un modelo para a conservación, investigación e difusión dos petroglifos de Galicia.

Arquivado en