O paro sube en Pontevedra ata os 110.466 desempregados

Pontevedra
03 de xaneiro 2013

Así o indican os datos feitos públicos polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, que mostran como o número de demandantes inscritos nos servizos públicos de emprego aumentou de novembro a decembro en 555 persoas ata chegar aos 110.466 parados. O total de desempregados é un 7,29 % superior ao rexistrado ao final do 2011

Dous traballadores nunha obra en Pontevedra PontevedraViva

O paro subiu na provincia de Pontevedra no último mes do 2012.

Así o indican os datos publicados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, que mostran como o número de demandantes inscritos nos servizos públicos de emprego aumentou de novembro a decembro en 555 persoas ata chegar aos 110.466 parados.

O total de desempleados é un 7,29 % superior ao rexistrado ao final do 2011.

Hai 7.506 persoas máis sen emprego que hai un ano.

Galicia é a comunidade española na que máis sobe o paro en decembro

Hai 2.251 parados máis na comunidade fronte a novembro e 20.553 máis que fai un ano.

En total hai 278.787 galegos inscritos como demandantes. No conxunto de España o desemprego rexistrado baixou en 59.094 persoas en decembro respecto ao mes anterior

Arquivado en