O paro sobe na cidade de Pontevedra en setembro en 173 persoas

Pontevedra
04 de outubro 2016

O paro subiu na provincia de Pontevedra no mes de setembro en 361 persoas, un 0,47 por cento, ata situar en 77.419 o número de desempregados. En relación co pasado ano este mes de setembro hai 8.947 desempregados menos, o que supón unha variación do 10,36%

Traballadores Mónica Patxot

No concello de Pontevedra o paro subiu no mes de setembro en 173 persoas. Un dato que os sindicatos relacionan coa estacionalidade do turismo xa que outras localidades que reciben a moitos visitantes durante a época estival coma Sanxenxo ou o Grove lideran o incremento do desemprego na nosa contorna con 202 e 224 persoas, respectivamente, inscritas no paro durante este mes.

  Setembro 2016     Agosto 2016        Variación   
Pontevedra6.4956.322173
Barro3183108
Bueu81075060
Caldas de Reis841862-21
Cambados1.0441.01925
Campo Lameiro155160-5
Cotobade33331617
Cuntis381411-30
O Grove772570202
A Illa de Arousa29228111
A Lama1991990
Marín1.8611.81645
Meaño36730760
Meis357365-8
Moraña383398-15
Poio1.8611.09079
Ponte Caldelas5455378
Portas215237-22
Ribadumia34132714
Sanxenxo1.053829224
Vilaboa44642620
Vilagarcía de Arousa3.5773.623-46
Vilanova de Arousa      784794-10

 

DATOS PROVINCIAIS

O paro subiu na provincia de Pontevedra no mes de setembro en 361 persoas, un 0,47 por cento, ata situar en 77.419 o número de desempregados.

En relación co pasado ano este mes de setembro hai 8.947 desempleaados menos, o que supón unha variación do 10,36%.

GALICIA

Tamén en Galicia o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en setembro en relación co mes anterior en 1.291 persoas (+0,67%).

Segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego o número de desempregados en Galicia é de 194.336 persoas.

En comparación con setembro de 2015, con todo, a comunidade galega conta con 21.401 parados menos, o que supón un descenso do 9,92%.

ESPAÑA

No conxunto estatal, foron 22.801 persoas máis en paro respecto de agosto (+0,6%). Aínda así, o total de desempregados continuou nos seus niveis máis baixos do últimos sete anos ao situarse en 3.720.297 parados.

Arquivado en