O paro sobe en 225 persoas en Pontevedra pero mantense estable na provincia no mes de setembro

Pontevedra
02 de outubro 2014
Actualizado: 13:17

A cifra de desempregados reduciuse na provincia de Pontevedra en nove persoas para situarse en 95.837. En Galicia produciuse un aumento de 1.264 parados para un total 238.203 persoas. Por municipios, Sanxeno (280) e Pontevedra (225) lideran a suba na bisbarra  

Trabajadores en la calle Michelena Mónica Patxot

O número de parados rexistrados nas oficinas de emprego aumentou en 225 persoas no Concello de Pontevedra durante o mes de setembro, pero reduciuse minimamente na provincia.

O total de parados sitúase nos 7.990, mentres na provincia nese período a cifra total se reduciu en nove persoas con respecto ao mes anterior, situándose nunha cifra de 95.837 persoas, o que supón un 6,88% menos que o mesmo mes do pasado ano, cando o número de demandantes de emprego ascendía 102.918 persoas.

Na bisbarra, ademais de Pontevedra, lidera a suba Sanxenxo, con 280 novos desempregados, e Poio, con 106, mentres A Lama e Ponte Caldelas reduciron en 14 e 10 o número de persoas sen emprego respectivamente.

 Setembro 2014Agosto 2014Variación mensual
Pontevedra7.9907.765225 (2,90%)
Barro374382-8 (-2,09%)
Bueu1.03897761 (6,24%)
Caldas de Reis1.0571.102-45 (-4,08%)
Cambados1.2981.26830 (2,37%)
Campo Lameiro204214-10 (-4,67%)
Cotobade43342112 (2,85%)
Cuntis498522-24 (-4,59%)
O Grove1.066839227 (27,06%)
A Illa de Arousa36032832 (9,76%)
A Lama233247-14 (-5,67%)
Marín2.3632.29370 (3,05%)
Meaño52445569 (15,16%)
Meis4764697 (1,49%)
Moraña5125075 (0,99%)
Poio1.5261.420106 (7,46%)
Ponte Caldelas675685-10 (-1,46%)
Portas273278-5 (-1,80%)
Ribadumia46145110 (2,22%)
Sanxenxo1.4161.136280 (24,65%)
Vilaboa599618-19 (-3,07%)
Vilagarcía de Arousa4.4034.518-115 (-2,55%)
Vilanova de Arousa1.0201.036-16 (-1,54%)

 

A escasa variación rexistrada na provincia de Pontevedra contrasta coa dinámica galega, cun incremento de 1.264 persoas en relación a agosto para un total de 238.203 parados. Esta suba baséase nos malos datos da Coruña e Lugo.

Non obstante en comparación con setembro de 2013 o paro baixou en Galicia en 22.530 persoas, un 8,64%.

En toda España a cifra de demandantes de emprego se sitúa en 4.447.650 persoas, ao incrementarse en 19.720 os parados con respecto ao pasado mes.

Arquivado en