Por terceiro mes consecutivo, a cidade de Pontevedra volveu reducir as listas do paro. Segundo os datos recollidos polos servizos públicos de Emprego, 102 persoas encontraron traballo en marzo. Tras este descenso, 8.564 pontevedreses seguen rexistrados como demandantes de emprego, isto é, un 1,18 por cento menos que en marzo.
O descenso notouse en ambos os dous sexos de forma moi similar, con 55 homes e 47 mulleres menos apuntados como demandantes de emprego en abril. Por sectores, tan só na Industria producíronse cifras negativas, con 17 desempregados máis con respecto ao mes anterior. Servicios foi no sector no que máis se reduciron os demandantes de emprego, con 125 menos que no mes anterior, seguido dos 19 da Construción e os 7 menos da Agricultura e a Gandaría.
Abril 2014 | Marzo 2014 | Variación mensual | |
Pontevedra | 8.564 | 8.666 | -102 (-1,18%) |
Barro | 408 | 426 | -18 (-4%) |
Bueu | 1.190 | 1.207 | -33 (-2,66%) |
Cambados | 1.641 | 1.652 | -11 (-0,67%) |
Campo Lameiro | 231 | 229 | 2 (0,87%) |
Caldas de Reis | 1.207 | 1.279 | -72 (-5,63%) |
Cotobade | 490 | 496 | -6 (-1,21%) |
Cuntis | 621 | 630 | -9 (-1.43%) |
O Grove | 1.259 | 1.400 | -24 (-10,07%) |
A Illa de Arousa | 451 | 458 | -7 (-1,53%) |
A Lama | 270 | 275 | -5 (-1,82%) |
Marín | 2.607 | 2.663 | -56 (-2,10%) |
Meaño | 616 | 665 | -39 (-5,95%) |
Meis | 593 | 608 | -15 (-2,47) |
Moraña | 559 | 560 | -1 (-0,18%) |
Poio | 1.676 | 1.761 | -85 (-4,83%) |
Ponte Caldelas | 789 | 788 | 1 (-0,38%) |
Portas | 324 | 347 | -23 (-6,63%) |
Ribadumia | 569 | 573 | -4 (0,70%) |
Sanxenxo | 1.878 | 1.917 | -141 (-7,51%) |
Vilagarcía de Arousa | 5.116 | 5.210 | -94 (-1,80%) |
Vilanova de Arousa | 1.210 | 1.235 | -25 (-2,02%) |
DATOS PROVINCIAIS
O paro rexistrado durante o pasado mes de abril na provincia de Pontevedra descendeu en 2.566 persoas, segundo os datos que acaba de facer públicos o Ministerio de Emprego. Así, o número total de pontevedreses sen traballo na provincia é de 107.690 persoas. Esta é a cifra de inscritos en demanda de emprego nas oficinas de desemprego da provincia. O descenso rexistrado neste mes é dun 2,33%.
Con respecto ao pasado ano 2013 a taxa interanual é do -6,55%, xa que 7.547 galegos deixaron as listas do paro.
En Galicia o número de parados rexistrado diminuíu en 6.319 persoas, ata situar a cifra de desempregados en 270.144; tamén o fixo no conxunto de España, en 111.565 persoas respecto a marzo, o seu maior descenso neste mes dende o inicio da serie histórica, en 1996, ata situarse o total de parados en 4,6 millóns, informou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.