O paro na provincia sobe en 2.377 persoas en setembro ata un total de 73.198 desempregados

Pontevedra
03 de outubro 2017
Actualizado: 20:00

No caso da cidade de Pontevedra, foron 184 persoas as que se sumaron ás listas de demandantes de emprego, segundo os datos publicados este martes pola Consellería de Economía, Emprego e Industria

Traballador da construcción Mónica Patxot

Como era previsible, setembro non foi un bo mes para os datos de desemprego en Pontevedra. Ao remate da tempada estival, de novo produciuse un notable incremento no número de parados. No caso da cidade de Pontevedra, foron 184 persoas as que se sumaron ás listas de demandantes de emprego, segundo os datos publicados este martes pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Así, na Boa Vila había, a 30 de setembro un total de 6.070 parados. Trátase dun 3,03% máis que en agosto.

A subida no número de desempregados foi xeneralizada en todos os concellos do ámbito de influencia da capital, coa excepción de Cuntis que mantivo a súa cifra invariable.

   Setembro     Agosto       Variación 
Pontevedra6.0705.886184
Barro29526827
Bueu79872474
Caldas de Reis78574439
Cambados1.029922107
Campo Lameiro1361342
Cerdedo-Cotobade35834810
Cuntis3283280
O Grove632474158
A Illa de Arousa28627214
A Lama1801782
Marín1.7751.666109
Meaño35933920
Meis36434420
Moraña3823775
Poio1.1261.03094
Ponte Caldelas54551827
Portas21319419
Ribadumia32928049
Sanxenxo978722256
Vilaboa43541916
Vilagarcía de Arousa3.4593.41544
Vilanova de Arousa      77074921

DATOS PROVINCIAIS

O número de persoas en paro rexistradas nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) aumentou en setembro en 2.377 persoas en relación co mes anterior, o que sitúa a cifra total de desempregados inscritos en 73.198. Destes 30.886 son homes e 42.312 mulleres.

De acordo cos datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, no último ano o paro diminuíu en 4.221 persoas.

GALICIA

Setembro deixa o número de desempregados en Galicia en 197.646 persoas. Isto supón un incremento de 3.329 desempregados.

ESPAÑA

No conxunto do Estado o número de parados rexistrados subiu en setembro en 27.858 desempregados respecto ao mes anterior (+0,8%), a súa maior alza neste mes desde 2012, cando se rexistraron 79.645 parados máis.

O volume total de parados alcanzou a finais de setembro a cifra de 3.410.182 desempregados, o seu nivel máis baixo do últimos oito anos, segundo destacou Emprego.

Arquivado en