O paro crece lixeiramente na cidade en febreiro, mentres cae na provincia

Pontevedra
02 de marzo 2016
Actualizado: 14:48

O mes de febreiro pechou cun lixeiro descenso nas cifras de desemprego na provincia de Pontevedra. No último mes, 517 pontevedreses atoparon un posto de traballo e abandonaron as listas do paro, segundo desvelou este mércores o Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Operarios realizando obras de reparación en Pontevedra Mónica Patxot

A diferenza do que pasou en gran parte da provincia, febreiro non foi un bo mes para as cifras de desemprego na cidade. Un total de 15 persoas sumáronse ás listas do paro en Pontevedra, segundo desvelou este mércores a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Con estes datos, o número de desempregados na cidade ascende a 7.667 persoas, un 0,19% máis que o mes anterior.

Fronte a este aumento, o resto dos municipios das comarcas de Pontevedra, Caldas e O Salnés -salvo Vilagarcía e Vilanova- rexistraron moderados descensos no número de demandantes de emprego durante febreiro. Marín, O Grove e Cambados son os concellos que tiveron un mellor comportamento en febreiro.

    Febreiro 2016      Xaneiro 2016       Variación   
Pontevedra7.6677.65215
Barro405409-4
Bueu1.0161.036-20
Caldas de Reis1.0731.098-25
Cambados1.4761.523-47
Campo Lameiro198206-8
Cotobade400406-6
Cuntis499507-8
O Grove1.1841.221-37
A Illa de Arousa439460-21
A Lama246267-21
Marín2.2832.326-43
Meaño549552-3
Meis537540-3
Moraña493505-12
Poio1.4981.511-13
Ponte Caldelas685691-6
Portas3233167
Ribadumia512513-1
Sanxenxo1.6221.627-5
Vilaboa566568-2
Vilagarcía de Arousa4.4284.37553
Vilanova de Arousa1.0641.04519

 

DATOS PROVINCIAIS

O mes de febreiro pechou cun lixeiro descenso nas cifras de desemprego na provincia de Pontevedra. No último mes, 517 pontevedreses atoparon un posto de traballo e abandonaron as listas do paro, segundo desvelou este mércores o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Así, 94.155 persoas seguen buscando un posto de traballo na provincia, un 0,54% menos que o mes pasado.

Pola súa banda, o paro rexistrado en Galicia baixou en febreiro en 1.179 persoas respecto de xaneiro, un 0,50% menos, situándose a cifra total de parados en 235.268.

Con respecto a febreiro de 2015, a comunidade galega conta na actualidade con 22.281 desempregados menos, o que representa un descenso do 8,65%.

Arquivado en