O paro cae en febreiro, animado polo sector servizos, en 800 persoas en Pontevedra

Pontevedra
02 de marzo 2018
Actualizado: 14:28

Febreiro, animado polo sector servizos, supuxo un respiro para os datos de desemprego na provincia de Pontevedra. O paro baixou en 800 persoas durante o último mes, un 1,05%, o que sitúa o número total de demandantes de emprego en 74.958 persoas

Terraza en Pontevedra Mónica Patxot

Febreiro, animado polo sector servizos, supuxo un respiro para os datos de desemprego na provincia de Pontevedra. Tamén na Boa Vila. O paro baixou na cidade en 34 persoas, o que sitúa o número total de demandantes de emprego en 6.303, segundo a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O descenso, tímido na maioría dos casos, é a tónica xeral en toda a área de influencia da capital da provincia. Só crece en casos contados como O Grove, A Illa de Arousa, Marín ou Vilagarcía.

    Febreiro      Xaneiro   Variación 
Pontevedra6.3036.337-34
Barro307309-2
Bueu829867-38
Caldas de Reis805811-6
Cambados1.1751.200-25
Campo Lameiro145149-4
Cerdedo-Cotobade402406-4
Cuntis335361-26
O Grove1.0701.05812
A Illa de Arousa35334112
A Lama1881871
Marín1.7871.7798
Meaño421433-12
Meis398400-2
Moraña359369-10
Poio1.1761.209-33
Ponte Caldelas529541-12
Portas2362315
Ribadumia3663597
Sanxenxo1.2921.342-50
Vilaboa443469-26
Vilagarcía de Arousa3.7133.68726
Vilanova de Arousa     8438412

 

DATOS PROVINCIAIS

Segundo recolle o informe mensual do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o paro baixou en 800 persoas na provincia de Pontevedra durante o último mes, un 1,05%, o que sitúa o número total de demandantes de emprego en 74.958 persoas.

Pola súa banda, o paro rexistrado en Galicia baixou en febreiro en 1.679 persoas, un 0,88% con respecto ao mes anterior. Así, a cifra de desempregados na comunidade galega, segundo os datos do ministerio, ascende a 188.207 persoas.

No último ano -de febreiro a febreiro- o paro baixou en Galicia en 23.717 persoas, un 11,19 por cento.

No conxunto de toda España, o número de parados rexistrados nas oficinas do servizo público de emprego diminuíu en 6.280 persoas con respecto a xaneiro. A cifra total de españois sen emprego é 3.470.248, o seu nivel máis baixo do últimos nove anos.

Os datos que se fixeron públicos este venres reflicten un descenso interanual de 280.628 persoas, un 7,48 por cento.

O número de contratos rexistrados no mes de febreiro foi de 1.546.402, o que representa unha subida do 6,46% sobre o mesmo mes de 2017. Deles, 174.287 foron indefinidos, o que supón un 15,37% máis, (23.215) que o ano anterior.

Arquivado en