O paro baixou en xullo en todas as comarcas

Pontevedra
03 de agosto 2021

O paro descende na evolución anual e na mensual nas catro provincias, nas sete principais cidades galegas, tamén entre as mulleres, as menores de 30 e as maiores de 44, e nos principais sectores económicos

Traballadora Consellería de Emprego

O mercado laboral segue deixando boas novas. No pasado mes de xullo en número de parados no concello de Pontevedra reduciuse en 139 persoas co que o total de desempregados quedou en 4.907 persoas. 

Segundo os datos achegados pola Conselleria de Economía, Empresa e Innovación, este descenso desl desemprego é xeneralizado nos concellos da comarca Barro (-15), Campo Lameiro (-3), Cerdedo Cotobade (-22), A Lama (-6), Poio (-70), Ponte Caldelas (-6), Vilaboa (-14).

Na comarca do Salnés destaca o concello de Sanxenxo cun descenso de 135 persoas no número de desempregados, Cambados (-64), O Grove (-38), Meaño (-31). Meis (-19), Ribadumia (-19), Vilagarcía (-48), Vilanova (-21) e A Illa de Arousa (-23).

Tamén Marín e Bueu apúntanse a esta caída con 43 e 51 parados menos, respectivamente.

E os concellos do Umia tambien rexistraron este descenso, en Caldas de Reis (-8), Moraña (-19), Portas (-14) coa única excepción de Cuntis onde subiu o paro en 9 persoas.

PROVINCIA

Na provincia de Pontevedra o paro reduciuse en 1.462 persoas durante o mes de xullo, un descenso do 2,41% con respecto ao mes anterior.

O número de persoas sen emprego rexistradas nas oficinas do servizo público de emprego ( SEPE) na provincia baixa ata as 59.242.

GALICIA

Os datos publicados este luns o Ministerio de Traballo sinalan que o número de parados rexistrados no SEPE baixou en 5.784 desempregados en xullo en Galicia en relación con xuño.

Isto supón un descenso do 3,67% no número de rexistrados como demandantes de emprego, por baixo do 5,47% de caída da media estatal.

Galicia ten un total de 151.934 persoas en paro o que supón 23.377 parados menos na comunidade galega en comparación co mesmo mes de 2020, é dicir, unha variación anual cunha baixada do 13,33%.

O paro descende na evolución anual e na mensual nas catro provincias, nas sete principais cidades galegas, tamén entre as mulleres, as menores de 30 e as maiores de 44, e nos principais sectores económicos.

ESPAÑA

En España, a baixada foi en 197.841 parados en xullo (-5,47%), o que supón a maior caída en calquera mes da serie histórica e supera as dos meses de maio e xuño que tamén pecharon con descensos récord.

 

Arquivado en