O paro baixa en abril en 124 personas na cidade en Pontevedra

Pontevedra
04 de maio 2016

Un total de 124 pontevedreses abandonaron as listas de desemprego na cidade de Pontevedra durante o pasado mes de abril, segundo os datos que publicou este mércores a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Así, o número de parados sitúase en 7.411, un 1,64% menos no mes anterior

Traballador dun hotel Obra Social La Caixa

Un total de 124 pontevedreses abandonaron as listas de desemprego na cidade de Pontevedra durante o pasado mes de abril, segundo os datos que publicou este mércores a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Así, o número de parados sitúase en 7.411, un 1,64% menos no mes anterior.

Seguindo esta mesma tendencia, gran parte dos municipios pontevedreses experimentaron unha evolución positiva en abril. Tan só Sanxenxo, Cambados, Meaño e Cotobade foron os concellos onde subiu de forma notable o número de demandantes de emprego con respecto a abril.

     Abril 2016        Marzo 2016        Variación   
Pontevedra7.4117.535-124
Barro380406-26
Bueu1.0009991
Caldas de Reis1.0361.050-14
Cambados1.4721.45814
Campo Lameiro180184-4
Cotobade40441612
Cuntis466495-29
O Grove1.0751.0687
A Illa de Arousa398449-51
A Lama237244-7
Marín2.2152.233-18
Meaño52950613
Meis491503-12
Moraña483488-5
Poio1.4281.4271
Ponte Caldelas658674-16
Portas305309´4
Ribadumia481490-9
Sanxenxo1.4431.41231
Vilaboa5425339
Vilagarcía de Arousa4.3344.407-73
Vilanova de Arousa1.0761.098-22

 

DATOS PROVINCIAIS

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou na provincia de Pontevedra en 1.429 desempregados menos.

En Galicia o paro baixou en 3.644 persoas en abril respecto de marzo, ata un total de 228.153, segundo os datos que publica este mércores o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Desta forma, o descenso intermensual na comunidade galega foi do 1,57%, algo inferior ao 2,04% da media estatal, onde os desempregados diminuíron en 83.599 persoas. En relación con abril de 2015, na comunidade hai 16.608 parados menos, o que representa unha caída interanual do 6,79%.

Os bos datos galegos van parellos aos estatais: no conxunto español a cifra de desempregados viuse diminuída en 83.599 persoas.

Arquivado en