O paro baixa en 24 persoas en febreiro na Boa Vila

Pontevedra
02 de marzo 2023

O Ministerio de Traballo e Economía Social publicou este xoves o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) que no caso do municipio de Pontevedra experimentou unha baixada de 24 persoas no mes de febreiro o que sitúa o total de desempregados na capital en 4.866.

Traballadores dunha lonxa Xunta de Galicia

O Ministerio de Traballo e Economía Social publicou este xoves o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) que no caso do municipio de Pontevedra experimentou unha baixada de 24 persoas no mes de febreiro o que sitúa o total de desempregados na capital en 4.866.

En Poio hai 914 desempleados (o que supón unha subida de 6); Barro, 198 (-6); Campo Lameiro, 81 (-10); Cerdedo-Cotobade 299 (4); A Lama, 137 (1); Vilaboa, 286 (0); Bueu, 616 (-7); Marín, 1.321 (-6).

Na comarca do Salnés-Arousa: Cambados, 711 (-24); O Grove, 560 (7); Meaño, 233 (3); Meis, 250 (8); Ribadumia, 218 (-1); Sanxenxo, 721 (-10); Vilagarcía, 2.700 (-43); Vilanova de Arousa 579 (-12); A Illa de Arousa, 205 (16).

Na comarca do Umia: Caldas de Reis, 520 (-10); Cuntis, 216 (-17); Moraña, 210 (-4); Portas, 151 (2).

GALICIA

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou en 956 persoas en febreiro en Galicia, o que supón un 0,66% menos que no mes anterior.

Segundo datos publicados este xoves polo Ministerio de Traballo e Economía Social, febreiro pechou en Galicia con 144.092 desempregados, 10.417 menos que no mesmo mes de 2022, caendo un 6,74% de forma anual.

Todas as provincias galegas rexistraron caídas no número de parados con Pontevedra á cabeza, onde o desemprego caeu en 354 persoas, un 0,63% menos que en xaneiro. Na Coruña, este dato foi de 335 persoas (-0,57%), mentres que en Lugo baixou en 210 persoas (-1,52%) e en Ourense, en 57 persoas (-0,34%).

Entre outras cifras, o 58,3% dos parados galegos era muller e un 4,07% tiña menos de 25 anos. 

ESPAÑA

A nivel nacional, o número de persoas rexistradas no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) ao termo do mes de febreiro aumentou en 2.618 persoas, apenas un 0,1% en termos porcentuais o que reflicte unha tendencia de estabilidade no mercado laboral. Este incremento é moi inferior á media dos últimos 15 anos nos que o aumento medio do paro superaba as 35.000 persoas.

No último ano, o paro descendeu en 200.669 persoas (-6,45%). O total de parados é o menor nun mes de febreiro desde 2008.

Un de cada dous novos contratos (46%) é de carácter indefinido. A taxa de cobertura aumenta ata o 69,3%, o valor máis alto de protección desde 2012. A contía media da prestación contributiva aumenta máis do 8% tras o incremento ao 60% da base reguladora a partir do día 181.

 

 

Arquivado en