O orzamento de Barro incrementa o gasto social e manten o apoio ao asentamento de empresas

Barro
24 de novembro 2020

O Goberno local ven de presentar o orzamento do Concello de Barro para 2021, que ascende a 2.505.200 de euros, e caracterízase pola ausencia de contías para o pagamento da débeda, por primeira vez en máis de vinte anos, xa que se procedeu á súa cancelación total en 2020

O Goberno municipal de Barro visita as obras da Portela Concello de Barro

O Goberno local ven de presentar o orzamento do Concello de Barro para 2021, que ascende a 2.505.200 de euros, e caracterízase pola ausencia de contías para o pagamento da débeda, por primeira vez en máis de vinte anos, xa que se procedeu á súa cancelación total en 2020.

Segundo valora o Goberno local do BNG, o feito de adiantar o pagamento da débeda permite un "forte incremento do gasto social", para asegurar a prestación dos servizos públicos con garantías. Tamén está prevista a creación dun novo posto de traballo de administrativo debido á "alta carga de traballo nas oficinas municipais".

Además destacan que se mantén o "equilibrio nas contas e o rigor no gasto" e "un ano máis volven a conxelarse os impostos e taxas municipais", e prevese a bonificación da taxa do lixo aos negocios que teñan que estar pechados pola pandemia.

O executivo local do alcalde Xosé Manuel Abraldes xustifica esta decisión en que, por unha banda búscase non gravar aínda máis as economías familiares, e por outra increméntanse os recursos para atender as persoas que máis están a sufrir a situación de crise social e económica.

A partida económica para a Atención Social increméntase ata chegar aos 512.200 euros, o que supón un 16% (71.000 euros) máis que no exercicio anterior.

Engaden que estes orzamentos seguen apostando pola mellora dos servizos básicos, pola dinamización da vida sociocultural do Concello e a promoción económica, e faise "un esforzo especial na promoción do emprego", cun aumento de 35.000 euros.

O Goberno local di que nestas contas do Concello de barro tamén se mantén o apoio ao asentamento de empresas no polígono de Outeda-Curro, cunha partida de máis de 100.000 euros, que se van investir en financiar parte dos custos do abastecemento de auga e do saneamento, rebaixando de maneira importante os custos que teñen que asumir as empresas por estes servizos e tamén en gastos de mantemento do polígono.

O Goberno municipal di que seguirá traballando para elaborar "uns orzamentos baseados no rigor, o control do gasto público, a procura da eficiencia e a eficacia na xestión municipal, mantendo ao mesmo tempo a mellora dos servizos públicos que axuden a mellorar a vida dos veciños e veciñas".

En canto aos investimentos para o ano 2021, ademais dos que serán financiados polo Plan Concellos da Deputación e os 60.000 euros previstos no orzamento, tamén se vai a investir en obras financiadas con cargo ao superávit municipal, dentro das posibilidades que permite a nova normativa do Estado, "sen chegar a pór en perigo a liquidez económica do concello, que nos permite pagar as facturas de empresas e provedores moi por debaixo do prazo legal que marca a lexislación".