O novo goberno de Cuntis dedicará unha concellería a Turismo e outra a Medio Ambiente

Umia
29 de maio 2019

A área de turismo, que no anterior mandato estaba incluída na concellería de Cultura, irá agora por separado co obxectivo de fomentar a recepción de visitantes e a organización de programas e actividades para atraelos á vila termal. Crearán tamén unha concellería propia para tratar asuntos relacionados co coidado do medio ambiente

Candidatura do PSOE á alcaldía de Cuntis, liderada por Manuel Campos PSOE de Cuntis

Superada a doce resaca electoral, o Partido Socialista traballa xa na organización do novo goberno local do Concello de Cuntis. 

Na noite do martes tivo lugar unha reunión entre todos os integrantes da candidatura socialista para analizar a xornada de votación e os resultados. "Confiabamos en gañar as eleccións, pero conseguir sete concelleiros, non. E ademais quedámonos a poucos votos do oitavo", recoñece o actual rexedor e alcaldable socialista Manuel Campos, moi agradecido aos veciños pola confianza depositada na súa candidatura.

O asunto principal tratado na reunión foi a organización do novo goberno e a redistribución de áreas entre os concelleiros electos. Aínda que aínda non teñen asignados os cargos, no seo do goberno local xa teñen decidido que se creará, polo menos unha nova concellería.

A área de turismo, que no anterior mandato estaba incluída na concellería de Cultura, irá agora por separado co obxectivo de fomentar a recepción de visitantes e a organización de programas e actividades para atraelos á vila termal. 

Crearán tamén unha concellería propia para tratar asuntos relacionados co coidado do medio ambiente. Doutra banda, mantéñense as mesmas áreas do anterior mandato: obras, facenda, cultura, educación e deportes. Con todo, algúns destes ámbitos poderían recaer baixo a responsabilidade do mesmo concelleiro, puntualizan desde o executivo cuntiense.

A composición da Xunta de Goberno local pechásese nos próximos días e as tenencias de Alcaldía .