O novo centro da Fundación Juan XXIII, un "paso adiante" para a cidade

Pontevedra
10 de marzo 2023

Sesenta persoas traballan actualmente no novo centro que a Fundación Juan XXIII ten en Pontevedra, un edificio destinado á formación e integración sociolaboral de persoas con discapacidade intelectual que está situado na rúa Sor Lucía

Visita do alcalde de Pontevedra ao novo centro da Fundación Juan XXIII Concello de Pontevedra

Sesenta persoas traballan actualmente no novo centro que a Fundación Juan XXIII ten en Pontevedra, un edificio destinado á formación e integración sociolaboral de persoas con discapacidade intelectual que está situado na rúa Sor Lucía.

O centro está nunha parcela cedida en 2017 polo Concello, que considera que estas instalacións supoñen un "paso adiante importantísimo" para a cidade, segundo destacou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante a visita que realizou este venres.

Tras manter unha xuntanza co padroado do colectivo, Fernández Lores coñeceu a situación actual do centro e os plans de futuro cos que contan para seguir traballando a prol dunha sociedade mellor e con máis oportunidades para os seus usuarios.

O rexedor subliñou o labor que se realiza neste centro, no que os seus usuarios adquiren coñecementos e dinámicas de traballo en xardíns e outras actividades, porque axuda a que persoas con discapacidade "poidan integrarse laboral e socialmente no mundo". 

Lores quixo transmitir os seus parabéns a toda a Fundación Juan XXIII, logo do esforzo realizado para a creación deste novo espazo, con fondos propios, e poñelo a disposición da sociedade dun xeito altruísta.