O municipio de Pontevedra suma 213 desempregados máis en xaneiro

Pontevedra
02 de febreiro 2017

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego subiu en xaneiro no Concello de Pontevedra en relación co mes anterior en 213 persoas, ata situar o total en 6.806 desempregados, segundo os datos publicados este xoves polo Ministerio de Emprego.

Traballador da construcción Mónica Patxot

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego subiu en xaneiro no concello de Pontevedra en relación co mes anterior en 213 persoas, ata situar o total en 6.806 desempregados, segundo os datos publicados este xoves pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

  Decembro 2016   Xaneiro 2016     Variación   
Pontevedra6.5936.806213
Barro35036818
Bueu87892951
Caldas de Reis91595540
Cambados1.2331.29562
Campo Lameiro16318421
Cerdedo-Cotobade43945920
Cuntis40141918
O Grove1.2231.154-69
A Illa de Arousa34335815
A Lama2082135
Marín1.9652.00237
Meaño4814865
Meis42344219
Moraña42644014
Poio1.2611.34180
Ponte Caldelas615610-5
Portas25126110
Ribadumia3833852
Sanxenxo1.4081.41911
Vilaboa48552540
Vilagarcía de Arousa3.9254.01994
Vilanova de Arousa      90392623

 

PROVINCIA

A provincia de Pontevedra tamén experimentou unha subida do paro do 2,37%, o que nos levou a sumar 1.910 persoas sen emprego. Con todo, en Pontevedra hai 10.091 desempregados menos que hai un ano.

GALICIA

Galicia é a cuarta comunidade española con maior aumento do número de desempregados.

Son 6.164 persoas desempregadas máis as rexistradas en xaneiro en Galicia. En relación co mes anterior supón un incremento do 2,99%, ata situar o total en 212.078 desempregados.

O fin da campaña de Nadal pasa factura ao mercado laboral cun aumento do desemprego do 1,70% no conxunto do Estado durante o pasado mes de xaneiro.

Arquivado en