O metrosideros do Pazo Besada, a árbore "única en Galicia" que Poio quere protexer

Poio
24 de maio 2024

O xardín do Palacete de Besada é o fogar dunha árbore incluída no catálogo de árbores senlleiras de Poio. É un exemplar de metrosideros robusto, un árbol "único en Galicia", destaca o Concello, polo seu gran porte e a súa singularidade

O metrosideros do Pazo Besada Concello de Poio

O xardín do Palacete de Besada é o fogar dunha árbore incluída no catálogo de árbores senlleiras de Poio. É un exemplar de metrosideros robusto, un árbol "único en Galicia", destaca o Concello, polo seu gran porte e a súa singularidade.

De aí que o goberno municipal encargara os traballos necesarios para conservar, protexer e mellorar esta árbore, evitando así o seu deterioro.

O estado xeral da árbore, tanto físico como sanitario, é moi bo, polo tanto esta actuación busca garantir a conservación e protección da árbore.

Así, impulsarase a poda de mantemento e limpeza de pólas secas ou en mal estado, a descompactación do terreo e a aportación de nutrintes, a instalación de ancoraxes para evitar riscos de rotura e o aseguramento da árbore. 

O metrosidero do Palacete de Besada é unha árbore robusta da familia das mirtáceas, cuxo porte componse dun corpulento tronco de ramificación monopódica que non se ramifica ata superar os tres metros de altura.

A súa copa é mapla e tupida, mostrando a súa parte máis frondosa cara a estrada, por atopar aquí maiores posibilidades na obtención de luz.