Contra todo prognóstico (meteorolóxico) Pontevedra puido gozar este sábado dun animado, colorido e como vén sendo habitual longo desfile de Entroido.
As comparsas, parellas, agrupacións e disfraces individuais encheron de cor, ritmo e bo humor as rúas da cidade desde a súa saída ás 17.15 horas da Rúa José Malvar para finalizar máis de tres horas despois na Alameda.
Tras o desfile, o punto de atención trasladouse ata a Praza da Ferrería, onde unha festa poñía fin á xornada e encargábase de anunciar aos gañadores e premiados do gran desfile pontevedrés, con especial mención ao grupo local 'Vamos a todo' e a súa proposta 'El mercadillo ambulante', recoñecida co premio único extraordinario Ravachol 2024.
A listaxe de honra quedou da seguinte maneira:
- Individual disfraz
- 1º premio: Contigo aprendí (dorsal 1)
- 2º premio: Rosa encantada (dorsal 5)
- Individual facha
- 1º premio: Penélope y yo (dorsal 8)
- 2º premio: A porquiña tola (dorsal 3)
- Parella disfraz
- 1º premio: Dando la nota (dorsal 3)
- 2º premio: Misterios de África (dorsal 1)
- Parella facha
- 1º premio: Parella de fachas (dorsal 2)
- 2º premio: A modiño Vladimir (dorsal 1)
- Grupo disfraz
- 1º premio: O camiño da auga - Estrelas da noite (dorsal 5)
- 2º premio: Asociación Cor Café - Viaje a Ciudad Esmeralda (dorsal 9)
- 3º premio: Sociedad Cultural Deportiva Samieira (dorsal 10)
- 4º premio: Asociación CUltural Moreira (dorsal 1)
- 5º premio: Asociación A Pandilla (dorsal 4)
- 6º premio: Bichos - A semente de Salcedo (dorsal 3)
- Grupo facha
- 1º premio: Vamos a todo - El mercadillo ambulante (dorsal 3)
- 2º premio: Os Kativos - Descubrindo o Gafos (dorsal 1)
- 3º premio: Os das pistas - Me gusta la fruta (dorsal 4)
- 4º premio: Labreghos á ruína (dorsal 6)
- 5º premio: Autopista Camarero (dorsal 5)
- 6º premio: Rans lavandeira (dorsal 2)
- Comparsas
- 1º premio: Os 100 Tolos (dorsal 1)
- 2º premio: Solfamidas (dorsal 2)
- 3º premio: Las flores del carnaval (dorsal 5)
- 4º premio: Os da Caña (dorsal 6)
- 5º premio: Os Miúdos (dorsal 3)
- 6º premio: As Sonecas (dorsal 4)
- 7º premio: Os Canecos (dorsal 9)
- 8º premio: Os Retrincos (dorsal 7)
- Premio único extraordinario Ravachol 2024
- Vamos a todo - El mercadillo ambulante