O mal tempo e as intensas choivas previstas para toda a xornada deste venres obrigan a adiar un novo acto da programación do Entroido de Pontevedra, a XXIII Mostra da Parodia. Quedou programada para o próximo venres, 23 de febreiro.
A concellería de Festas informou na mañá deste venres desta decisión, que chega despois de que o pasado martes de Entroido xa se tivera que suspender a Noite Pirata e toda a programación infantil da xornada polas mesmas razóns.
A festa Infantil e o desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico (a Noite Pirata) que se ían celebrar este martes quedaron adiadas para o sábado 24 de febreiro. A Mostra da Parodia será o día anterior.