O luns comezará o arranxo das beirarrúas da Avenida da Cruz, en Combarro

Poio
16 de xuño 2021

A actuación ten coma obxectivo reforzar zonas onde, debido á entrada de saída de vehículos, o firme presenta un deterioro importante. As tarefas levaranse a cabo en ambas beirarrúas da PO-308, nas proximidades da glorieta que dá acceso á Baixada á Chousa

Un traballador da construción Mónica Patxot

O Concello de Poio procederá a realizar unha mellora dun tramo das beirarrúas situadas na Avenida da Cruz, no casco urbano da parroquia de Combarro. 

A actuación ten coma obxectivo reforzar zonas onde, debido á entrada de saída de vehículos, o firme presenta un deterioro importante. As tarefas levaranse a cabo en ambas beirarrúas da PO-308, nas proximidades da glorieta que dá acceso á Baixada á Chousa.

A empresa responsable de acometer os traballos, que darán comezo o vindeiro luns, será Servizos Medioambientales del Miño. O orzamento ascenderá a 32.000 euros aproximadamente e o prazo de execución é de dúas semanas.

O proxecto inclúe a substitución esas zonas da baldosa actual, que se atopa moi gastada, por unha superficie de formigón e bordillo de lastro.

Chelo Besada explica que "contratamos esta actuación por urxencia, logo de solicitar varios orzamentos, porque queremos que os traballos estean listos antes do comezo da tempada estival". A tenente de alcalde sinala que a obra é "necesaria", debido "ao deterioro provocado polo tránsito rodado dos vehículos á hora de entrar e saír dos garaxes, así como para a realización de tarefas de carga e descargada no supermercado".  

O Concello confía en que as tarefas se desenvolvan causando as menores molestias posibles ás persoas residentes na zona.