Os empresarios do lecer nocturno de Pontevedra presentaron este mércores por Rexistro no Concello de Pontevedra un documento a través do que se constitúen como plataforma baixo o nome de Pontevedra de Noite.
No escrito, subscrito por preto dunha vintena de empresarios de pubs da zona vella pontevedresa, trasladan aos responsables municipais unha serie de queixas relacionadas co funcionamento dos seus locais en diversos aspectos que os fan temer pola fin do sector.
No mesmo documento, lembran que este sector foi un dos máis prexudicados pola pandemia, período no que moitos afrontaron perdas cuantiosas e outros moitos víronse abocados a liquidar as súas empresas. Por iso, agora que a normalidade regresou, vense novamente prexudicados.
Unha vez constituída a plataforma, portavoces do colectivo teñen previsto comparecer publicamente nos próximos días para explicar as razóns que os levaron a unirse para defender un modelo de negocio sen "xerar ningún tipo de problemas, simplemente queremos desenvolver ou noso traballo coas maiores garantías".