O Lago Castiñeiras, a Finca de Briz e as praias de Marín, aspirantes a distintivos de calidade Q

Marín
09 de marzo 2020

María Ramallo, alcaldesa de Marín, e as concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña reuníronse este luns coa directora técnica do Instituto para a Calidade Turística Española, Maricruz Cádiz Gómez. O obxectivo do goberno local é poder converter estas zonas en "espazos públicos singulares"

Encontro entre a alcaldesa de Marín e a directora técnica do Instituto para a Calidade Turística Española, Maricruz Cádiz Gómez. Concello de Marín

María Ramallo, alcaldesa de Marín, e as concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña reuníanse este luns coa directora técnica do Instituto para a Calidade Turística Española, Maricruz Cádiz Gómez.

A intención do goberno local é lograr o distintivo Q de calidade turística para varias das propostas ambientais da vila como a Finca de Briz, o Lago Castiñeiras e as praias do municipio. O Concello amosou interese polo plan "Galicia apostando pola calidade", que xestiona a Xunta de Galicia coa intención de lograr a máxima satisfacción por parte do turismo que visita toda a contorna.

Desta forma búscase converter estas zonas de esparcimento e  de lecer en "espacios públicos singulares", un distintivo complementario coa tramitación do Espazo Natural de Interese Local (ENIL), que se levou a cabo para Castiñeiras nin con outras distincións como as Bandeiras Azuis ou a ferramenta de xestión ambiental EMAS.

Agora o Instituo elaborará un informe no que recomendará ao Concello a relación dalgunhas accións para mellorar as instalacións, a xestión e os servizos que se ofrecen nestes espazos.