O incendio forestal de Caroi, extinguido tras queimar 32 hectáreas de monte

Cerdedo-Cotobade
24 de abril 2024

O lume arrasou unha superficie de 32,1 hectáreas, das cales doce se corresponden con monte arborizado e 20,1 a monte raso. O incendio detectouse seis minutos despois da unha da madrugada do martes na parroquia de Caroi

Incendio forestal en Caroi Concello de Cerdedo-Cotobade

O incendio forestal rexistrado onte martes en Cerdedo-Cotobade quedou extinguido ás 12:48 horas deste mércores, segundo informou a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

O lume arrasou unha superficie de 32,1 hectáreas, das cales doce se corresponden con monte arborizado e 20,1 a monte raso.

O incendio detectouse seis minutos despois da unha da madrugada do martes na parroquia de Caroi.

Para a súa extinción, mobilizáronse dous técnicos, dez axentes, vinte e catro brigadas, once motobombas, unha pa, dous avións e tres helicópteros.