O IGAPE outorgou un prazo de cinco días ao grupo Pescamar para correxir a súa oferta por Alfageme.
Ademais da conserveira de Poio, presentáronse ao concurso a empresa cántabra El Consorcio Conservero Español e Coswinga, unha firma vinculada á familia Lago, anterior propietaria de Alfageme.
Desde o sindicato nacionalista CIG expresaron o seu malestar coa decisión do IGAPE xa que consideran que dilatar a adxudicación cinco días aboca as fábricas de Vilaxoán e Ribadumia a poxa.
O presidente da Mancomunidad de O Salnés, Gonzalo Durán, mostrou a súa preocupación trala decisión do IGAPE ao estimar que se arriscan 150 postos de traballo.