O Igadi cumpre 30 anos traballando para comprender o mundo dende aquí

Pontevedra
26 de abril 2022

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías visitaron este martes o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) que dende o ano 2015 ten a súa sede no local cedido polo Concello no Centro Cívico Sur, na rúa Luís Braille

Visita á sede do IGADI no Centro Social Sur Mónica Patxot

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías visitaron este martes o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) que dende o ano 2015 ten a súa sede no local cedido polo Concello no Centro Cívico Sur, na rúa Luís Braille.

O IGADI está conformado por un grupo de expertos independentes que teñen un dobre propósito: reflexionar sobre os problemas e tendencias da sociedade internacional contemporánea e pular por unha maior inserción de Galicia no mundo a todos os niveis.

Este Instituto nace no ano 1991 e dende entón este colectivo desempeña o seu labor cunha clara vocación de servizo público, en condicións de plena autonomía e apostando por asentarse como un espazo de encontro no que todas as sensibilidades e disciplinas poidan desenvolverse de forma leal e eficiente. As institucións e a sociedade en xeral teñen no IGADI un instrumento colaborador das súas estratexias de acción exterior.

O seu traballo "é coma unha matriusca", por unha parte atópase o Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea, único no seu xénero en Galicia, que conta cunha hemeroteca especializada e recibe máis dun cento de publicacións relativas a asuntos internacionais. Trimestralmente, edita un Boletín de Sumarios.

O Igadi tamén se adica á análise e investigación e á elaboración e publicación de numerosas tribunas e espazos de opinión sobre problemas, conflitos e tendencias internacionais y ademais da colección Texturas Internacionais, no eido das publicacións destaca a revista semestral de estudos internacionais, Tempo exterior, creada en 1997 e refundada no ano 2000. 

En resumo, trátase dun proxecto inmenso, de moita calidade e que precisa apoios. 

Fernández Lores lembrou que "esto é algo voluntarioso e que non debería ser así", e lamentou a "precariedade" desta entidade independente e sen ánimo de lucro, desarrolla este labor "que debe ter continuidade e estabilidade" e por iso "reivindico un apoio institucional maior para o Igadi", demandou o alcalde. 

Marola Padín Novas, vicedirectora da entidade e analista do Observatorio da Política China, agradeceu o apoio amosado polo Concello de Pontevedra ao longo dos últimos anos, e lembrou a importancia de que institucións como o IGADI sigan traballando e existindo, permitindo afondar e contextualizar os problemas internacionais que vive un mundo tan globalizado como o está hoxe en día, poñendo de exemplo o caso de Ucraína e Rusia, onde percibiron un notable aumento de visitas na súa web, na procura de información e fontes de información fiables.